miércoles, 17 de julio de 2013

Entrevista a la organización del Grovios Metal Fest (2013)


Falta ya muy poco para que de comienzo el III GROVIOS METAL FEST que se celebrara el 27 de Julio de 2013 en Randufe, Tui (Pontevedra)... desde DCEV aprovechamos la ocasión para hablar con la organización del festival y así conocer de primera mano algo mas sobre el III GMF...

Entrevista a la organización del Grovios Metal Fest (2013):

-Hola amigos!!! Para conocer de primera mano que se esconde tras la III edición del Grovios Metal Fest que se celebrara el 27 de Julio de 2013 en Randufe, Tui (Pontevedra)… Empezamos con las preguntas… En primer lugar, ¿cómo y porque surge la idea de organizar este Festival?
Moi boas!! Pois a idea xa nos estaba rondando pola cabeza a máis de un dende hai moitos anos, pero nunca nos decidiamos a facer nada en serio; ata que un día, falando entre varios compañeiros, apostamos por esta iniciativa e comezamos con esta aventura. A idea xorde da necesidade de aportar o noso grao de area á escena Underground galega e sobretodo á escena do sur de Pontevedra/ norte de Portugal, de promocionar ás bandas emerxentes e dalas a coñecer perante un público cada vez máis demandante e consumidor deste xénero.

-Esta es la tercera edición del festival… ¿Que tal funcionaron las anteriores ediciones del Grovios Metal Fest?  
En xeral estamos bastante contentos de como saíron a dúas primeiras edicións. Sabemos que levar a cabo este festival para un público tan exclusivo non é doado, pero a xente está respondendo moi ben; quizais  o segundo ano esperábamos un pouquiño máis de afluencia de público, pero de todos os xeitos, estamos satisfeitos.  A idea é ir medrando ano tras ano.

-Como organización, ¿qué conciertos fueron para vosotros más “especiales” en estas tres ediciones?
Decidirnos por un concerto ou por unha banda é bastante complicado xa que todos os concertos, por un motivo ou por outro, foron especiais.

-¿Qué novedades, comparadas con otros años, nos encontraremos en esta edición?
A novidade máis significativa é que este ano contaremos con oito bandas, unha máis que os anos anterirores. Ademáis tamén disporemos dunha pantalla xigante para informar ao público asistente que banda está tocando en cada momento, na se proxectarán imaxes das bandas e os establecementos que colaboraron con nós nesta edición do festival. Polo resto vai ser todo máis ou menos igual que o ano pasado.

-Este evento está totalmente autogestionado y autofinanciado por la Asociación Xuvenil Furabolos… ¿Cómo nace y funciona la asociación? ¿Qué otros proyectos lleváis a cabo?
A Asociación Xuvenil Furabolos nace no momento no que decidimos organizar o festival, para ter un soporte no que apoiarse á hora de realizar os trámites oportunos para poder executalo. En canto ao funcionamento, traballamos de forma asamblearia e horizontal onde as propostas de todos os membros son aceptadas e debatidas ata chegar a un consenso. Durante o ano realizamos diferentes proxectos sempre relacionados con promover a música e a cultura Underground da zona. Recentemente acabamos de editar un Recopilatorio chamado “Territorio Grovios”, no que estivemos traballando varios meses e que recolle 11 grandes bandas do sur de Pontevedra. 

-¿Cuáles han sido los principales obstáculos que os habéis encontrado a la hora de empezar con esta aventura? ¿Contáis con algún tipo de apoyo externo para organizar el festival?
Un dos principais problemas é o económico. Para poder financiar o festival sen ningún tipo de axuda exterior como é o noso caso, agás unha pequena colaboración dos comercios e bares da zona (a cal supón tan só, entre un 10 e un 15 % do presuposto total do GMF), temos que traballar moi duro durante todo o ano, facendo pequenos concertos e diferentes actividades. O noso obxectivo, é que o festival se autofinancie, e non depender de ningunha axuda externa.

-¿Primeras confirmaciones? ¿Podrías describirnos en pocas palabras a cada una de los grupos? 
O line up deste ano cremos que quedou bastante equilibrado e será o seguinte:
- MEGARA (Heavy Metal - Ourense. Banda de Pacho Brea e Jose Rubio (ex Ankhara, ex Warcry))
- REVOLUTION WITHIN (Thrash/ Death Metal – Portugal. Tocaron nos festivais e salas máis importantes do país veciño, compartindo escenario con grandes bandas internacionais)
- WEB (Heavy/ Thrash Metal – Portugal. Mítica banda portuguesa que o ano pasado celebrou o seu 25 aniversario)
- UNREAL OVERFLOWS (Death Metal – Cangas. Gran banda do Morrazo fiel ao aspecto máis técnico do Death Metal)
- STRIKEBACK (Thrash Metal – A Coruña. A pesar de ser unha banda relativamente nova xa pasaron polos festis galegos máis grandes)
- OCEAN'S GARDEN (Metal progresivo – Lugo. Metal progresivo con moita clase)
- DISTILLING PAIN (Black Metal progresivo – Santiago. Banda que conta cuns aniños de traxectoria ás súas costas e formada por grandes músicos da escena)
- ASEGÚN (Thrash Metal – A Guarda. Formación que leva tempo dando guerra polo Baixo Miño)


-Una de las cosas que me parecen más interesantes del Grovios Metal Fest es que se trata de un festival que se presenta con un cartel en mayor o menor medida heterogéneo, con grupos de diversos estilos… ¿Pensáis que la diversidad estilística debe ser uno de los alicientes fundamentales de los festivales? ¿Vais a fomentar que siempre siga así o piensas variar en función de tus gustos o la demanda del público tirando para un estilo u otro?  
Entre nós temos gustos moi diferentes, isto inflúe ao 100% na heteroxeneidade do cartaz. Procuramos ter un pouco de variedade, sempre dentro do xénero Metal xa que non queremos encadrar o festival nun estilo en concreto. Consideramos que a diversidade é boa, sempre e cando teña unha coherencia estilística. 

-Entre los grupos que actuaran en esta edición del Grovios Metal Fest nos encontramos grupos de Portugal y de toda Galicia… ¿Qué criterios utilizasteis para conformar el cartel de este 2013? 
Dende o primeiro momento que nos plantexamos levar a cabo o GMF sempre tivemos claro que contariamos con bandas do país veciño, xa que, hai un gran número de bandas e de moita calidade, ademáis que a situación xeográfica do festival tamén inflúe á hora de escoller bandas portuguesas. No tocante ás bandas galegas ou do resto de España (como en edicións anteriores) intentamos equilibrar o cartaz con bandas de máis nome e bandas máis emerxentes.

-Por cierto, ya que estamos, facilitarnos datos del festival para los más despistados: ubicación, precios, horarios y cualquier otro dato que debamos saber... ¿cómo se pueden comprar o reservar las entradas…etc?
O festival terá lugar en Randufe, Tui (Pontevedra), o 27 de xullo de 2013, os prezos das entradas serán de 8€ anticipada e 10 € en taquilla. A apertura de portas será ás 18:00h e o inicio dos concertos ás 19:00. Para consultar puntos de venda anticipada, horarios, como chegar ao festival e outra información de interese, podedes facelo a través da web www.groviosmetalfest.com ou nas nosas redes sociais como facebook ou  twitter, etc.

-Tras algunas ediciones del festival ya tenéis algo de “nombre”, la gente y los medios hablan del festival, su repercusión, su organización, sus posibilidades… ¿Estáis satisfechos con la respuesta obtenida en estos aspectos?
A verdade é que non esperabamos ter esta resposta tanto por parte dos medios como do público, polo que estamos bastante satisfeitos e esperamos seguir tendo este apoio para seguir traballando e mellorando de cara a futuras edicións.

-¿Os sentís apoyados por los medios e instituciones en la difusión del Grovios Metal Fest? 
Como xa comentamos na pregunta anterior, por parte dos medios especializados si que estamos tendo bastante apoio e repercusión, o cal agradecemos moito, pero en canto aos medios en xeral e as institucións, o apoio é practicamente nulo.

-¿Como animarías al publico a que asista al Grovios Metal Fest? ¿Qué se va a encontrar el público que vaya al Festival?
Pois nada, todo aquel que queira pasar unha boa tarde-noite de troula, escoitando boa música, en boa compaña e nun emplazamento ben xeitoso, ten unha oportunidade se se acerca ata o Grovios Metal Fest , con máis de oito horas de música en directo e a un prezo , cremos, máis que asequible.

-¿Qué perspectivas de futuro veis para el Grovios Metal Fest? ¿Hay idea de ir creciendo como festival? ¿Creéis que se podrá asentar el festival y organizarlo el mayor número de años posible?
A idea é esa, ir crecendo ano a ano e seguir facendo o festival por moitos máis, tarefa complicada nos tempos que corren,  pero con esforzo e coa axuda de todos (público, medios e xente que colabora desinteresadamente) intentaremos conseguilo. Nós estamos dispostos.

-Una de las cosas más interesantes del festival, con los tiempos que corren, es su ajustado precio sobre todo si tenemos en cuenta la calidad de los grupos… Simplemente, ¿Cómo lo hacéis? ¿Cómo creéis que os afecta a vosotros directamente como organizadores de un evento, a la música en general y al público el tema de la crisis?
O obxectivo cando nos plantexamos facer o festival nunca foi lucrarnos, sempre buscamos ter uns prezos o máis axustados posibles, xa que o noso interese non está en sacar beneficio, senón  en  que o evento se autofinancie, e no caso de ter beneficios serían invertidos no festival do ano seguinte. Isto permítenos manter uns prezos baixos, xa que nós, antes de ser organizadores somos usuarios e consumidores e os prezos están pensados para que todo o mundo poida asistir ao festival e disfrutar dunha cervexa escoitando boa música sen que isto repercuta excesivamente no seu bolsillo. 
Non imos a ser politicamente incorrectos nin a facer valoracións pexorativas sobre esta panda de mangantes que nos governan pero estamos nunha etapa complicada e temos que tirar para adiante do mellor xeito posible.

-¿Cómo crees que está el panorama nacional de festivales?
Consideramos que hai un aumento tanto cualitativo como cuantitativo en canto a festivais. Quizais por mor da crise cada vez hai menos festivais “grandes”  e pola contra, está aumentando o número de festivais máis “pequenos”.

-Como ve alguien del “mundillo” la “escena” del metal en Galicia. ¿Cómo ves el nivel de los grupos, salas de conciertos, conciertos, eventos, locales, festivales…?
A verdade é que debemos sentirnos afortunados porque temos unha escena de puta madre en canto a bandas, xa que hai moitas e de gran nivel. Ademáis das bandas de sobra coñecidas por todos hai moitas formacións emerxentes que veñen con moita forza, o futuro é bastante prometedor neste aspecto. Quizais a carencia fundamental da Galiza sexan concertos de bandas “grandes” e sobretodo salas ou recintos axeitados para poder realizalos.

-¿Como veis la escena musical de vuestra zona el “Territorio Grovios”?
Hai un gran número de bandas e algunhas de gran calidade. Recentemente editamos un cd recopilatorio chamado “Territorio Grovios” onde se pode apreciar unha boa mostra da escena musical do sur de Pontevedra.

-Ya para finalizar, hemos hablado de pasado y presente, nos queda el futuro… ¿Habrá una edición del Grovios Metal Fest en 2014? ¿En caso de haberla que mejorarías o intentarías cambiar?
Agardamos que si, a nosa intención como xa comentamos anteriormente é seguir facendo o festival por moitos anos e que se consolide como unha data á ter en conta para todos os amantes do Metal da Galiza e norte de Portugal. Pouco a pouco, a medida que a economía nolo permita iremos mellorando o Line Up e os áspectos técnicos do festival.

-Por cierto… Si pudieseis traer a cualquier grupo del mundo a encabezar el festival ¿Cuál seria y por qué?
Cada un de nós seguro que che respondería a esta pregunta cunha banda diferente.

-Para despedirnos simplemente deciros que desde DCEV os deseamos toda la suerte del mundo con el Festival y con vuestros proyectos. Os dejamos las últimas líneas de esta entrevista para que os despidáis y hagáis un llamamiento para que la gente acuda en masa al Grovios Metal Fest el 27 de Julio de 2013 en Randufe, Tui (Pontevedra)…
Primeiro agradecervos a DCEV (un dos medios oficiais deste III GMF) o apoio e difusión que estades a facer do festival, e convidar a todo o mundo a que se achegue o vindeiro 27 de xullo ao III Grovios Metal Fest en Randufe, Tui; prometemos non deixar a ninguén escéptico. Necesitamos sobre todo, o apoio do público para que este evento se siga realizando.
Para máis información ou calquera consulta entrade en www.groviosmetalfest.com ou nas nosas redes sociais.

TODOS SOMOS GROVIOS!!!

Nota DCEV: Podéis consultar desde el siguiente enlace toda la información referente al III Grovios Metal Fest que se celebrara el 27 de Julio de 2013 en Randufe, Tui (Pontevedra)... y ademas encontrareis entrevistas con algunas de las bandas participantes en esta edición: Click Aquí

No hay comentarios: