domingo, 13 de julio de 2014

Entrevista a la organización del Grovios Metal Fest (2014)

Entrevista a la organización del Grovios Metal Fest (2014)


-Hola amigos!!! Para conocer de primera mano que se esconde tras la IV edición del Grovios Metal Fest que se celebrara el 26 de Julio en Randufe, Tui (Pontevedra)… Empezamos con las preguntas… En primer lugar, ¿Quién está detrás de este festival? ¿Cómo y porque surge la idea de organizarlo?
Ola moi boas amigos de DCEV. Detrás do Grovios Metal Fest agóchase a Asociación Xuvenil Furabolos de Tui. A idea de organizar un festival xorde da necesidade de aportar o noso grao de area á escena Underground galega e sobretodo á escena do sur de Pontevedra/ norte de Portugal, de promocionar ás bandas emerxentes e dalas a conecer perante un público cada vez máis demandante e consumidor deste xénero. 

-Este evento está totalmente autogestionado y autofinanciado por la Asociación Xuvenil Furabolos… ¿Cómo nace y funciona la asociación? ¿Qué otros proyectos lleváis a cabo?
A Asociación Xuvenil Furabolos nace no 2009, en outubro faremos 5 anos, e funciona de xeito asambleario e horizontal, onde as propostas de todos os membros son aceptadas e debatidas ata chegar a un consenso. Durante o ano realizamos diferentes proxectos sempre relacionados con promover a música e a cultura Underground da zona, e estas actividades son a nosa principal fonte de financiación de cara ao GMF, xa que somos un festival que se autofinancia ao 100% ; sen achegas económicas de ningunha administración.

-Esta va a ser la cuarta edición del festival… ¿Que tal funcionaron las anteriores ediciones del Grovios Metal Fest?
Comezamos hai 4 anos cunha proposta moi arriscada e nunha vila tan conservadora como Tui, onde os apoios a estes colectivos e a este tipo de actividades son inexistentes e, pouco a pouco, a base de moito traballo, fomos facéndonos un oco, un pequeno nome e chegando a máis xente; o que se manifesta nunha maior afluencia público cada ano, polo tanto, estamos moi contentos coa acollida que estamos tendo.

-¿Qué novedades, comparadas con otros años, nos encontraremos en esta edición? ¿Qué expectativas tenéis para este año?
Quizais unhas das melloras máis significativas para esta IV edición é a relativa á parte técnica, tanto en son como en iluminación imos a dar un paso cara adiante. As expectativas para este ano son as mesmas que tivemos ata agora, manternos na nosa lina e que a xente responda como o leva facendo nos 3 anos anteriores. 


-¿Podrías describirnos en pocas palabras a cada una de los grupos que participan este año?
Soldier – Thrash Metal dende Asturias con moita clase. Altamente recomendables.
Pestifer – Banda de dilatada traxectoria en Portugal. Levan moitos anos na carretera repartindo Death Metal.
Raze – Unha das mellores banda de Thrash Metal que hai na Galiza. Dende As Pontes.
Skinning – Death Metal dende Portugal a golpe de blast beat. 
Lethal Vice – Banda viguesa que xa levan uns anos dando o callo. Thrash Metal.
Atomik Destruktor – Pura cana. Thrash Metal, Portugal.
Arkham – Banda tudense de Thrash Metal. Exemplo de perseverancia.

-Entre los grupos que actuaran en esta edición del Grovios Metal Fest nos encontramos grupos de Portugal y de toda Galicia… ¿Qué criterios utilizasteis para conformar el cartel de este 2014?
O obxectivo do GMF é dinamizar e promover o Underground galego-portugués, descubrir novas bandas e apoiar a escena en xeral. Na A.X. Furabolos cremos que para crear unha escena tan de puta madre como temos tenen que coincidir varios factores, e un deles, sen dúbida, é o apoio ás bandas da terra, isto é fundamental. Logo, dende o primeiro momento que nos plantexamos levar a cabo un festival de metal en Tui, sempre tivemos claro que contariamos con bandas de Portugal, xa que hai un gran número de bandas e de moita calidade, ademáis que a situación xeográfica do festival tamén inflúe á hora de escoller bandas portuguesas. Entón, para responderche directamente á pregunta, os criterios que utilizamos están claramente condicionados xeograficamente, 3 bandas tenen que ser galegas, outras 3 tenen que ser portuguesas e logo 1 ou 2 restantes (neste caso 1) de fóra da Galiza e Portugal. 

-¿Estáis contentos con el alcance que está teniendo el festival? 
En xeral si que estamos contentos coa acollida que tivemos nos 3 anos anteriores, porque progresivamente se foi incrementando o aforo ano tras ano. Somos conscientes de que estamos nun momento complicado, tanto para vós que pagades unha entrada, como para nós que organizamos un festival, pero en xeral, e tendo en conta a situación económica actual, estamos contentos coa resposta da xente e coa repercusión do festival. Nesta IV edición agardamos manternos na nosa lina e que a xente responda como o fixo ata agora. 

-Por cierto, ya que estamos, facilitarnos datos del festival para los más despistados: ubicación, precios, horarios y cualquier otro dato que debamos saber... ¿cómo se pueden comprar o reservar las entradas…etc?
DATA E LUGAR: SÁBADO 26 DE XULLO – RANDUFE, TUI, PONTEVEDRA.
LINE UP IV GROVIOS METAL FEST: 
SOLDIER (Asturias), PESTIFER (Portugal), SKINNING (Portugal), RAZE (As pontes, A coruna), LETHAL VICE (Vigo, Pontevedra), ATOMIK DESTRUKTOR (Portugal), ARKHAM (Tui, Pontevedra). 
ENTRADAS: As entradas poderánse adquirir unicamente en taquilla o mesmo dia do festival e terán un prezo de 10€. 
APERTURA DE PORTAS: 19:00H
COMO CHEGAR E MÁIS INFO: www.groviosmetalfest.com 

-El año que viene celebrareis la V edición… ¿Tenéis ya algo especial en mente? 
Si, para o próximo ano será o noso V aniversario e nos gustaria facer algo diferente, algo especial. Imos a traballar duro para mellorar considerablemente o GMF. Un dos aspectos fundamentáis que melloraremos será o Line Up, ademáis doutras cousas que xa temos en mente pero agora mesmo temos que centrarnos nesta IV edición para que saia todo ben e poder facer unha V.

-Para despedirnos simplemente deciros que desde DCEV os deseamos toda la suerte del mundo con el Festival y con vuestros proyectos. Os dejamos las últimas líneas de esta entrevista para que os despidáis y hagáis un llamamiento para que la gente acuda en masa al Grovios Metal Fest el 26 de Julio en Randufe, Tui (Pontevedra)…
En primeiro lugar agradecer encaredidamente a extraordinaria labor de DCEV (un dos medios oficiais deste IV GMF) polo apoio e difusión que sempre facedes do festival, e en segundo lugar convidar a todo o mundo a que se achegue o vindeiro 26 de xullo de 2014 ao IV Grovios Metal Fest en Randufe, Tui. Necesitamos o voso apoio para que isto poida seguir adiante. Vai a ser unha gran festa do metal!!

Para máis información ou calquera consulta entrade na nosa web www.groviosmetalfest.com ou nas nosas redes sociais: GMF en Facebook

TODOS SOMOS GROVIOS!! 


Especial IV Grovios Metal Fest (Entrevistas a bandas participantes y demás info) Click Aqui

No hay comentarios: